jueves, 26 de abril de 2012

1º DE MAIO 2012

Un ano máis vimos a celebrar esta data histórica que é a do 1º de Maio Día do Internacionalismo Proletario. E un ano máis lembramos con agarimo os compañeiros e as compañeiras que xa non están entre nos e reafirmamosnos no compromiso que eles e elas tiñan na defensa da clase traballadora.
A victoria do PP por unha diferenza de medio millón de votos sabiamos moi ben o qu iba supoñer para a clase traballadora da Galiza e do resto do Estado español. Nada máis e nada menos que borrar dun plumazo os dereitos que tanto sufrimento, dor e morte provocou na clase obreira nos últimos 50 anos.
No mes de febreiro o goberno neoliberal do PP levou adiante co beneplácito de CIU a proposta da Lei de reforma laboral, aprobada por Real Decreto o 11 de febreiro.
Con esta nova reforma que non debemos esquencer tivo o seu prólogo co goberno do PSOE no 2011; pasamos de ser traballadores e traballadoras a ser escravos e escravas.
Fortalecen as ETTs, trátase de fomentar o traballo basura; teñen dereito despedirnos cando e como queiran; podennos baixar os salarios sí ou sí; potencian os parados e paradas de longa duración a derivalos a indixencia e a marxinación; finiquitan a negociación colectiva; abocan aos xóvenes a precariedade económica e a explotación; poden mover e cambiar de centro de traballo os traballadores e as traballladoras ca posíbel manipulación pola parte empresarial nas eleccións sindicais; multiplícanse as bonificacións económicas e fiscais a patronal polos contratos precarios; desaparecen as categorías profesionais, todo o mundo poderá facer de todo; redúcense as indemnizacións por despido; prevese o despido de traballadores fixos e de traballadoras fixas na Administración Pública…
A situación non deixaba opción e esixia una resposta contundente, así afrontamos o 29 de marzo a convocatoria de Folga Xeral cun éxito sen precedentes para o noso país. En todos os sectores houbo un seguimento de máis do 80% en toda Galiza e a participación nas distintas manifestacións levadas a cabo na nosa xeografía acadou a cifra dos 350.000 galegos e galegas. En definitiva a clase obreira galega respostou cun “NON” rotundo e contundente a reforma laboral.
Máis o inimigo non da tregua, o capitalismo atópase en plena situación de impunidade. A resposta do goberno español foi a de novas reformas esta vez encamiñadas a destrucción do noso sistema sanitario cara a privatización (terán atención médica aqueles con diñeiro que se podan permitir telo), o deteriodo do noso sistema educativo, a subida de prezos, etc, etc. Todo elo ensalzado cun discurso da necesidade de facelo enmascarado pola crise, a súa crise, e asegurando que este é o millor camiño para todos nos. O resultado, aumento do paro neste ano en máis de 3.000 persoas, xa son 280.000 os parados e as paradas galegos e galegas, sendo os sectores máis perxudicados o de servizos, agricultura, construcción e industria; sectores básicos da economía de Galiza.
Non lle demos máis voltas as cousas. O problema reside na ineficacia probada do
sistema capitalista. O goberno do PP e anteriormente o do PSOE non son máis que instrumentos ao servizo dos banqueiros e dos grandes capitalistas do mundo para o saqueo e explotación dos traballadores e das traballadoras.
Ante este ataque despiadado, a clase traballadora só ten un camiño, o camiño do enfrentamento e a movilización, non valen actitudes de defensa paralizantes, non valen conformismos, non vale o acomodamento xa que deste xeito só obteremos a extrema explotación e pauperización da clase traballadora.
Por todo elo a Central Obreira Galega aboga pola unidade dos traballadores e traballadoras, unidade para frear e eliminar este sistema, o sistema capitalista, de por sí agónico e fai un chamamento para a convocatoria dunha nova folga xeral.

VIVA O 1º DE MAIO
VIVA A CLASE TRABALLADORA GALEGA
VIVA GALIZA CEIBE E SOCIALISTA
VIVA A CENTRAL OBREIRA GALEGA

No hay comentarios:

Publicar un comentario