miércoles, 25 de abril de 2012

1º MAIO 2011

Un ano mais os traballadores e traballadoras galegos celebramos un 1º de Maio nunha situación social chea de dificultades e agresións a nosa clase, e un ano mais recordamos aos nosos compañeiros e compañeiras que nos precederon nesta loita sindical.
O paro a precariedade laboral, os abusos de poder, a idiotización da sociedade levan a un empobrecemento da clase traballadora tanto no terreo económico como no ideolóxico. Neste último os medios de comunicación teñen un papel relevante, sendo un motor de desideoloxización fundamental para o Sistema capitalista.
Nestes primeiros meses do ano 2011 mais de 250.000 galegos e galegas atópanse no paro, e a tendencia continua medrando xa dándose por boa a cifra de 5 millóns de parados no Estado Español para finais de ano, ¿onde está o límite? ¿Ata cando se poderá soportar esta situación?.
E mentres tanto os poderes económicos internacionais (FMI-BCE) seguindo obedientemente as directrices da Gran Banca e dos Monopolios de poder, especulan coa débeda pública dos países levándoos a situación de ruína ( Grecia, Irlanda e agora Portugal son boa proba dista política).
No Estado Español a colaboración necesaria do “sindicalismo amárelo e entreguista” de CC.OO e UGT fan posible que o deseño do capitalismo voraz sexa mais agresivo que nunca coa nosa clase social.
A venta das nosas pensións, e boa proba disto. O único beneficiado deste roubo aos traballadores e traballadoras  foron os Fondos de Pensións intimamente ligados a Banca e aos grandes Monopolios do Capital.
Pero o guión escrito polos empresarios continua: Primeiro a reforma Laboral, que levounos a mais precariedade e perda de dereitos; a Reforma das Pensións, que nos trouxo o alongamento da idade da xubilación e a merma da nosa capacidade económica ;e agora estase a pactar a Reforma da Negociación Colectiva co obxetivo de centralizar e alonxar mais a toma de decisión dos traballadores en Asembleas, negándoselles o dereito de decidir e negociar sobre as súas propias condicións de traballo.
Diante deste panorama, a COG, fai un chamamento a mobilizarse e enfrontarse con contundencia a estas agresións, dende posicionamentos de clase.
”Potenciando a autoorganizacion do pobo e dos traballadores, sen complexos, nin afán controladores”.
“Fomentando campos de loita común e de resposta entre os traballadores”.
”Recuperar e potenciar a formación ideolóxica da militancia sindical”.
 “ Manter erguida a reivindicación dunha Galiza soberana, camiño do socialismo.”
Este 1º de Maio a COG, quere por unha vez mais de manifesto o seu compromiso inquebrantable para seguir combatendo sen desmaios nin dubidas polos dereitos e dignidade de tódolos traballadores e traballadoras galegos , en loitar por unha sociedade xusta, sen oprimidos nin opresores, camiño do Socialismo.
VIVA O 1º DE MAIO
PAREMOS OS RECORTES SOCIAIS
A LOITA CONTIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario