miércoles, 25 de abril de 2012

25 de XULLO DIA DA PATRIA GALEGA



A Central Obreira Galega (COG), como organización sindical nacionalista e de clase, é consciente de que os traballadores e traballadoras do noso país sufrimos a opresión do capital en canto asalariados e a opresión nacional en canto galegos e galegas. Por iso loitamos contra ambas opresións que son un dobre xeito de escravizar e explotar á nosa clase e apoiamos as manifestacións que esixen a liberdade nacional de Galicia o 25 de xullo, Día da Patria Galega, e que se celebrarán en Santiago de Compostela o vindeiro luns.
A COG chama a toda a nosa afiliación, así como a simpatizantes, amigas e amigos, a participar nalgunha das tres manifestacións que están convocadas (as do BNG, Causa Galiza e Nós UP) decidindo libremente a cal acudir seguindo as súas conviccións ou simpatías.
¡Viva Galicia Ceibe!

Galicia, 21 de xullo de 2011
Executiva Nacional da Central Obreira Galega
COG

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario