miércoles, 25 de abril de 2012

VALORACIÓN FOLGA XERAL 29/M

VALORACION DA FOLGA XERAL NACIONAL
O Secretariado Nacional da CENTRAL OBREIRA GALEGA valora moi positivamente o seguimento da Folga Xeral do 29 de Marzo, día histórico para o noso país, xa que a convocatoria feita polas centrais estatais e nacionalistas acadou un seguimento do 90%.

O paro non só foi prácticamente total na gran industria, CITROEN un 90%, ZARA un 99% de seguimento e nesta línea empresas como a Alúmina de San Cibrao, CESPA en A Coruña e Pontevedra, Repsol Petróleo, Leite Celta, Carrocerías Castrosua e un longo etc; case o 100% no transporte público, portos e aeroportos; e, superior o 90% en químicas e na Compañía de RTVG; e, tamén moi significativo o masivo seguimento que tivo a Folga no pequeño comercio en toda Galiza.

Esta resposta da clase traballadora galega ante a nova reforma laboral debe supoñer de inmediato a retirada desta Lei feita a medida para os empresarios. Os traballadores e traballadoras demostraron que son moi conscentes que éste é o maior ataque que reciben dende o franquismo. Amparándose no momento que atravesamos de crises, crises provocada polo mesmo capitalismo, a banca, a patronal e o gobernó neoliberal do PP, aprobeitan para facilitar e abaratar o despedimento, proporcionar man de obra barata e favorecer a competibidade pola vía da precarización.

Ademáis, esta é una reforma contra o crecimiento económico porque xerará máis paro e redeucirá os salarios dos traballadores e das traballadoras. Ambas as cousas suporá un menor consumo das familias, menos ingreso para o Estado, máis dificultades para afrontar o xa anoréxico gasto público, e polo tanto maior perigo para a pervivencia dos servizos e das prestacións públicas.

Ë una reforma contra o futuro que nos aboca a un presente de paro e precariedade; un presente, en cambio, ho que deberíamos de tecer o noso futuro como persoas e os dos nosos fillos, con máis e millores servizos públicos e con sistemas de prestación social que aseguren os recursos para que os nosos maiores vivan ca dignidade que merecen; en resumo un futuro no que poidamos erixir unha sociedade fundamentada na solidariedade e liberdade sen distincións.

Polo tanto a CENTRAL OBREIRA GALEGA atendendo o clamor da clase traballadora galega reclamamos a anulación das políticas antisociais e a Lei de reforma laboral. Manteremos o máximo nivel de mobilizacións e de seguer o gobernó do PP do SR. Rajoi polo mesmo camino chamaremos a convocatoria dunha nova Folga Xeral.

Secretariado Nacional da CENTRAL OBREIRA GALEGA

No hay comentarios:

Publicar un comentario