lunes, 7 de mayo de 2012

CONCENTRACIÓN 1º DE MAIO


Intervención ao remate da concentración
Me permitiredes que as primeiras palabras desta humilde intervención estexan adicadas aos homes e as mulleres do mundo, e en concreto os galegos e as galegas, que hoxe non están entre nos e que adicaron a sua vida a traballar e a loitar na defensa dos dereitos dos traballadores e das traballadoras da nosa patria.
O goberno do PSOE o ano pasado e agora o do PP están a aproveitar a excusa da crise capitalista para afondar no seu proxecto de “refundación do capitalismo”, como no seu día dixo textualmente o Sr. Sarkozy. As medidas que se están a adoptar xa estaban ampliamente recollidas no Tratado de Lisboa do ano 2007 e agora as están a implantar paulativamente ca excusa da crises, pero xa eran parte do seu programa político, antisocial e antiobreiro dende fai anos.
Estas medidas que se están a concretar a maior ou menor velocidade en toda a Unión Europea son básicamente similares:
- Maior flexibilización do mercado laboral, mediante o abaratamento dos despidos e aumento da flexibilidade horaria dos traballadores e das traballadoras. Aumento das xornadas de traballo.
- Desmantelamento total do sector público e a privatización conseguinte do mesmo, con especial incidencia na ensinanza e na sanidade (implantación paulatina do "copago").
- Recorte das prestacións sociais, do gasto social e aumento da edade de xuvilación, así como endurecemento dos requisistos para acceder a pensións contributivas.
- Aumento das privatizacións, con reducción da presencia do sector público.
- Conxelación da inversión pública.
- Subida de impostos e impulso dunha política fiscal neoliberal, favorecendo as rendas do capital e a especulación financeira.
- Desregulación da negociación colectiva, a fin de impulsar a individualización das relacións laborais.
- Recortes salariais aos e as empregadas públicos.
- Ademáis, o goberno ultraconservador do Estado español, seguindo a senda de outros gobernos da UE e ao dictado de Merkel e Sarkozy, estableceron tamén outros dous eixes para as políticas económicas do futuro: desligar a subida salarial do IPC e establecer por Lei nun futuro cercano que a débeda pública nos países da Unión Europea sexa de "déficit 0". Esta medida supón limitar o gasto público por Lei, pechando definitivamente a posibilidade de prantexar un modelo social alternativo, onde prime ou teña protagonismo relevante o sector público, no que debería encadrarse un sector público industrial forte.
Estas medidas non están de paso veñen para quedarse.
Contrasta con todo elo o xeneroso despliegue de recursos destinados a salvar o sistema financeiro inxectando capital e suministrando liquidez aos bancos frente os escasos esforzos dirixidos durante décadas anteriores de crecimento económico a combater o aumento do paro, a protexer o emprego axudando as empresas e ante todo aos traballadores e as traballadoras con problemas, e garantir un nivel de ingresos e prestacións sociais digno aos sectores da población que atravesan maiores dificultades económicas.
Os banqueiros e o gran capital dictan as políticas da UE que a clase política no poder, como cadelos ben amaestrados, cumpren sen rechistar, a cambio de que o día de mañá lles aseguren un posto no consello de administración da empresa de turno. Sí compañeiros e compañeiras, esa é a realidade e neste sentido temos varios exemplos: Felipe González (Gas Natural), Aznar (Endesa), Pedro Solbes (Barklays, Enel), Piqué (Vueling), Narcís Serra (Caixa Catalunya), Josu Jon Imaz (Petronor),  Acebes, etc, etc.
Este modo de actuación confirma a aposta polo capitalismo do actual modelo de construcción Europea. Como consecuencia destas políticas que se están a aplicar, a clase traballadora europea é a que está a pagar os excesos do capital; excesos que agora traducense en aumento do desemprego e a pobreza e o recorte de dereitos laborais e prestacións sociais.
Dende a CENTRAL OBREIRA GALEGA temos moi claro que o que está en crises é o sistema capitalista a nivel xeral e, con él, o modelo de construcción europea que coñecemos até agora, e decir, a Europa do Capital e os Estados. Fronte a elo, nos apostamos por unha Europa social e dos Povos.
Nun momnto en que a dereita mediática e os diferentes gobernos estatais e rexionais da UE pretenden facernos crer a clase traballadora que non hai máis opción que dixerir as suas políticas neoliberais, unhas recetas que tan amargas consecuencias tiveron xa nas décadas dos 80 e 90 en Latinoamérica e están tendo hoxe en día aquí, é necesario que dende o sindicalismo de clase e os movimentos sociais, sen caer na resignación, poñamos alternativas enrriba da mesa.
Cando falamos de alternativas, de outras respostas posibeis, merece a pena que nos deteñamos no caso de Islandia:
A crises golpeou a Islandia conducindoa a bancarrota e condenando a miseria a moitas familias. Os islandeses cambiaron o goberno, negaronse en dous referenduns a dar diñeiro público aos bancos británicos e holandeses (que eran os maiores posedores da déveda pública islandesa), meteron na cadea a alguns dierctivos dos bancos que quebraron e están a xulgar ao ex 1º ministro pola sua responsabilidade na situación do país. Ademáis, puxeronse a redactar unha nova constitución para evitar que estas situacións volvan a repetirse.
O caso islandes, a pesares de que os grandes meios de comunicación non nos falan del porque non lles interesa que se vexa como un exmplo, demostra que, si hai vontade política, pódese xulgar aos responsabeis da crise, que non é obrigatorio dar diñeiro público a banca responsábel do fiasco, que a clase política debe responder das suas políticas nefastas e que é posíbel a participación na chamada res pública (“cousa pública”). Si é posíbel en Islandia, que sempre foi un modelo para os países da UE cando no 2007 era o 1º país na escala do índice do Desenrrolo Humán, porqué non se fixan agora en Islandia os Estados da UE?, tal vez non lles interesa?
No noso país Galiza, pola imposta dependencia política e económica de Madrid; esta aposta do capitalismo actual está a ter e terá unhas conscuencias extremadamente graves. 40 anos de franquismo provocou un éxodo sen precedentes de galegos e galegas a emigración; unha transición marcada pola represión contra o sindicalismo de clase nacionalista que naqueles intres daba os seus primeiros pasos; 15 anos de goberno do Sr. Fraga supuxo para Galiza o inmovilismo e quedar ao marxe do progreso que se estaba a dar no resto do Estado español, eso sí, esta bandada de buitres carroñeiros posibilitou a desaparición do sector naval en Ferrol, expoliaron miles de millóns de euros dos fondos da UE, enrriqueceronse empresarios e políticos mangoneando en obras como paseos marítimos, cidade da cultura; abocaron o rural a marxinación e o sector pesqueiro foi paulatinamente menguando sectores básicos para a economía de Galiza.
No sector primario, base da estructura económica de Galiza, o desmantelamento nos últimos 30 anos foi terribel, o VAB agrario e pesqueiro representaba en 1930 o 31,3% do total, no 2000 representaba o 6,5% e no 2005 o 4,75%. As políticas levadas a cabo merecen un desprezo total por parte da Xunta os pilares onde se debería sustentar a nosa economía; no mar, non só hai unha pérdida paulatina dos caladoiros senón que ademáis non se buscan outros e engadir o alto grado de siniestrabilidade; o rural, é de xulgado de guardia, sector que segue a estar pendente dunha política estructural profunda, os incendios forestais seguen a facer sangrar a nosa terra e dependendo directamente das especulacións do ladrillo e da madeira; o sector gandeiro está afogado e as políticas dirixidas dende Santiago e Madrid teñen como obxectivo o peche continuo de explotacións gandeiras.
O sector secundario aporta o 28,8% do PIB. Na construcción, despois do estoupido da burbuxa, seguense a perder postos de traballo; na industria mal se poñen as cousas, os tres pilares básicos que compoñen o noso mapa industrial e do que dependen directa ou indirectamente miles de traballadores e traballadoras galegos e galegas camiñan cal equilibristas pola corda floxa: INDITEX vense mantendo ainda que sempre está presente a presencia de outros países que ofrecen man de obra barata e millores condicións fiscais; CITROEN ve reducidas as suas ventas o que provoca EREs ocasionais e continuas negociacións; o naval, pinta mal, este sector xa padeceu duas reconversións brutais, na década dos 80, 30.000 persoas quedaron sen emprego e do 98 ao 2003 16.000; hoxe en día se está a negociar a búsqueda de novos contratos ainda que temos que ter en conta que non existe un plan específico para o naval galego, dos 5 asteleiros públicos integrados en AESA e pertenecentes a División Naval do INI, o plan para dotar de carga de traballo só se concretou en Puerto Real, Sevilla e Sestao, unha vez máis Galiza queda apartada e desprazada.
O sector sevizos, tocado pola situación do resto dos sectores é no que máis aumentou o paro neste 2012, é o que está a notar nestes primeiros pasos da reforma laboral as suas consecuencias que non son outras máis que o desemprego.
Ante esta situación temos que respostar de xeito contundente contra este sistema económico, esixir que se prantexen políticas para sair da crise favorabeis a maioría social. Porque son posibeis outras políticas como combater a fraude fiscal, facer unha política impositiva na que pague máis quen máis ten, incrementar os impostos ás rendas do capital, crear unha banca pública que garanta crédito a familias e pequenas empresas, incrementar o investimento público e salarios como mecanismos de reactivación da economía e xerar emprego, rematar ca expeculación e coa débeda pública pola vía de que o BCE compre directamente débeda aos estados, negarse os estados a pagar a débeda pública ilexítima...
Temos pois que loitar por un novo modelo de organización a nivel social e económico, realmente democrático, que sirva aos intereses da maioría social e no que as clases populares e os seus representantes, sociais e políticos, sexan os que fixen as políticas económicas e laborais e non institucións políticas e financeiras ao servizo do capital.
A CENTRAL OBREIRA GALEGA por todo elo, anuncia a convocatoria de nova Folga Xeral para a primaveira, non podemos acomodarnos e temos que sair a rúa a defender os nosos dereitos como traballadores e traballadoras. Facemos un chamamento a todas as centrais para dende a unidade facer fronte a este ataque despiadado do capital.
Polo que respeta á clase traballadora galega, hoxe máis que nunca, precisamos poder decidir por nós mesmos as nosas condicións laborais e sociais, por iso esiximos un Marco Galego de Relacións Laborais e Sociais, con competencias plenas, en correspondencia co exercicio do dereito á soberanía política plena da nación galega.
VIVA O 1º DE MAIO
VIVA A CLASE TRABALLADORA GALEGA
VIVA GALIZA CEIBE E SOCIALISTA
VIVA A CENTRAL OBREIRA GALEGA





























Fotos de Clelia Zucca

No hay comentarios:

Publicar un comentario