miércoles, 16 de mayo de 2012

XUIZO POLÍTICO CONTRA O SINDICALISMO





  A fiscalía mantén a petición de cadea para Ramón Sarmiento e Antolín Alcántara.
No xuizo celebrado este martes nos xulgados de Vigo, a fiscalía aínda que rebaixa case a metade a proposta inicial, mantén a petición de prisión para o secretario comarcal do metal de CC.OO. Ramón Sarmiento.
Pola contra, o Ministerio Fiscal pediu para Alcántara dous anos e medio de prisión (un e medio por desordes públicos e un por danos) e unha sanción ecdonómica duns 5.500€. Para Ramón Sarmiento a petición de cadea quedou en dous anos, e unha multa do mesmo importe.
A porta dos xulgados os represaliados foron arroupados por un nutrido grupo de delegados e delegadas, e traballadores e traballadoras, entre eles compañeiros e compañeiras da CENTRAL OBREIRA GALEGA que se solidarizaron así como a propia Central dende un inicio con estes compañeiros, cuio único delito foi defender os seus postos de traballo e o futuro do sector do metal en Vigo.

FOLGA DO METAL EN VIGO DO 2009 EN IMÁXENES






 
 

 
  



No hay comentarios:

Publicar un comentario