miércoles, 20 de junio de 2012

SOLIDARIEDADE COA LOITA DOS MINEIROS


Dende o pasado 1 de xuño está convocada unha folga indefinida no sector da minería e do carbón. Asturias e boa parte de León permanecen prácticamente incomunicadas polos constantes cortes de estradas e linea ferroviaria. Mentras, a información que se nos facilita está conscientemente dosificada e censurada para impedir o efecto contaxio e as chamadas a solidariedade.
Os enfrentamentos nas barricadas e os pobos da comarca ca policía están a ser continuos; a par, varios mineiros continuan tamén pechados nos pozos como medida de presión nun sector ao que os recortes do goberno do PP a causa da crise do capitalismo e dos capitalistas que todos pagamos, están a condear a toda unha rexión á miseria e ao paro.
A CENTRAL OBREIRA GALEGA quere trasmitirlles a sua máis profunda solidariedade e apoio. Non podía ser doutra maneira, unha vez máis, os mineiros dan unha lección de unidade e loita ao resto da clase obreira.
 
 

 


 




No hay comentarios:

Publicar un comentario