jueves, 12 de abril de 2012

PRESENTACIÓN DA CENTRAL OBREIRA GALEGA

No día de hoxe foi presentada ós medios de comunicación a C.O.G. na Comarca de A Coruña. A C.O.G. é unha Central xa plenamente operativa que ten legalizadas as súas siglas e os seus Estatutos, pendentes de que nunha próxima Asemblea constituínte sexan modificados, tanto estes como o seu manifesto fundacional e programa sindical.

Agrupa a un colectivo de 600 traballadores e traballadoras e algo máis de medio centenar de membros de Comités e Delegados de Persoal que foron recentemente expulsados da C.U.T.

Ratificándose nos seus principios programáticos de sindicato asembleario, antipacto social, galego, democrático e socio-político, pretende erguer a bandeira reivindicativa dos dereitos da clase obreira galega cuestionándose o actual réxime económico e político no que vivimos, á vez que reclamamos unha acción sindical reivindicativa que defenda os dereitos inmediatos de vida e de traballo da clase obreira.

Con vocación nacional galega a C.O.G. iniciará no inmediato contactos con todos aqueles núcleos de intervención sindical, sindicatos de ramo, colectivos de Empresa, etc, que queiran sumar o seu esforzo a este proxecto sindical emancipador.

 A Coruña, 23 de xullo de 2009


Fotos Edt. Fronte Obreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario