miércoles, 25 de abril de 2012

NOTA DE PRENSA DO BRIGADISTA
A CENTRAL OBREIRA GALEGA quere poner en coñecimento público a súa postura en relación o tráxico acontecimento ocurrido no incendio forestal de Piornelo no Concello de Castrelo do Val (Ourense), xunto cos afiliados e afiliadas do SPDCIF e das brigadas helitransportadas de SEAGA, quere manifestar o seguinte:

1. O seu pesar polo falecimento do traballador Higinio Vivas López e mostrar as súas condolencias aos familiares, amigos e compañeirso do falecido.
2. Pedimos a dimisión inmediata da señora Conselleira Rosa Quintana, responsábel política da Consellería de Medio Rural.
3. O Señor Feijoo que durante o seu mandato xa leva tres brigadistas mortos: Rodríguez Amo e Julio Martínez traballadores da empresa SEAGA e agora o compañeiro Higinio. Non queremos enterrar máis traballadores Señor Presidente. Polo que pedimos a súa dimisión inmediata en base os seguintes pontos:
a- Polo sistemático desmantelamento do operativo de extinción de incendios forestais da Xunta de Galicia.
b- Polas xornadas de máis de dez horas diarias que están a sofrir os traballadores e traballadoras do SPDCIF cando hai que extinguir os lumes, mentras non se cubren vacantes existindo brigadas de tan só dous ou tres componentes.
c- Polo desmantelamento do servizo de prevención.
d- Pola situación das bases helitransportadas onde a día de hoxe ainda non se contratou nin parece haber intención, os brigadistas das helitrasportadas de SEAGA, actuando só os helicópteros sen operarios mermando así a súa capacidade de actuación contra o lume.
e- Denunciar as continuas mentiras do Goberno do PP, cousa xa habitual, en relación a número de incendios, hectáreas queimadas, número de persoal traballando. Política de silenzo total para que a sociedade galega teña a mínima información posíbel e ademáis manipulada.
Estamos fartos xa desta situación, facemos o noso traballo sen esperar publicidade nin consideracións especiais; estamos sempre a altura dos acontecimentos e asumimos a responsabilidade que temos como traballadores públicos e seguimos a apagar incendios despois de enterrar os nosos compañeiros; e temos a desgraza de ter que soportar a unhos señores con responsabilidade política que nunca a asumen, un Presidente da Xunta que sae en fotos apagando ca mangueira do xardín “esperpéntico”, declaracións constantemente desafortunadas e insultantes de membros do Goberno do PP.
Nin queremos nin aceptamos as lamentacións da señora Rosa Quintana e o señor Feijoo Presidente da Xunta, só queremos e esiximos que dimitan.

Responsábel da Sección Forestal da C.O.G. e Delegado Sindical de SEAGA
Peón Especialista Brigada Helitransportada de Silleda
Basilio Fernández Mata

No hay comentarios:

Publicar un comentario