miércoles, 25 de abril de 2012

NOTA DE PRENSA FOLGA XERAL

A CENTRAL OBREIRA GALEGA pon en coñecemento dos medios de comunicación e do público en xeral a nosa máis rotunda e enérxica oposición a Lei da Reforma Laboral aprobada polo Partido Popular.

Esta Lei representa unha agresión sen precedentes aos dereitos fundamentais dos traballadores e traballadoras galegas. Tradúcese en despido libre, baixada de salarios, criminaliza as baixas laborais acarreando despidos procedentes, prevé a posibilidade do despido entre traballadores-as fixos-as da administración pública, incentiva económica e fiscalmente a patronal pola contratación de parados-as que cobren prestacións de desemprego abocando aos parados-as de longa duración a marxinalidade e a indixencia, a patronal deixa de estar obrigada a cumprir os convenios o que conleva a desparición da negociación colectiva… Todo elo para facer fronte a crise da cal a clase traballadora galega non ten ningunha responsabilidade e que ademáis só conlevará o aumento do paro, o empobrecimento do país, a desapacición de servizos sociais e un futuro sen futuro para os rapaces e as rapazas galegas.

Por todo elo a CENTRAL OBREIRA GALEGA apoia a convocatoria de Folga Xeral para o día 29 de Marzo e fai un chamamento a os traballadores-as galegos-as a participar neste dia de loita,polos seus dereitos.

Secretariado Nacional da CENTRAL OBREIRA GALEGA

No hay comentarios:

Publicar un comentario