sábado, 9 de junio de 2012

A TASA DE PARO EN GALIZA SUPERA O 20%

Os resultados da EPA do primeiro trimestre de 2012 son extremadamente negativos e preocupantes pero que a Central Obreira Galega non lle cae de sorpresa. Dende a chegada o poder do ultra-conservador PP esto era evidente e é producto da Lei de Reforma Laboral e da aplicación de medidas económicas ultra neoliberais, medidas desfasadas que xa foron aplicadas con antelación en outros países onde quedou ben demostrada a súa ineficacia.
Este último trimestre supón un incremento notábel do nº de desempregados e desempregadas: 25.000 máis que o trimestre anterior que supón un total de 265.600 parados e paradas. En resumo o 20,18% da poboación activa.Os peores resultados danse na provincia de Pontevedra, cunha tasa do 25,08%; seguida da provincia de Ourense, cunha tasa do 20,10%; a provincia de A Coruña cunha tasa do 17,5%, e; a provincia de Lugo con 23.900 parados e paradas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario