sábado, 9 de junio de 2012

SOLIDARIEDADE COS COMPAÑEIROS ANTOLÍN ALCÁNTARA E VÍCTOR GARCÍA

O día 7 celebrouse nas dependencias do Xulgado do Penal nº2 de Vigo o xuizo contra os compañeiros da CIG Antolín Alcántara e Víctor García, pola súa participación da Folga do Metal de 2007; ca acusación de desordes públicos e ocupación de edificio público (o edificio da Xunta en Vigo). O xuizo quedou visto para sentenza, no cal a fiscalía mantén a petición de 5 anos de cadea, sen ter en conta que non está acreditada a responsabilidade destes compañeiros en tales feitos.
Dende a Central Obreira Galega entendemos que existe unha estratexia política por e para criminalizar o movemento obreiro en Galiza. O longo da vista foron sucedendose a comparecencia das testemuñas, policías, gardas xurados, ex-responsábeis públicos, sindicalistas,...; nas que en ningún momento quedaran acreditadas a participación de Antolín e Víctor, nin nos desordes públicos nin nos danos que se lles imputan. Ainda así, a fiscalía mantén a petición de 2,6 anos para cada un dos acusados; o cal deixa máis que demostrada que a función da fiscalía en vez de centrarse nos feitos, nas testemuñas, nas probas, etc; sigue os dictámenes marcados polos políticos de turno, que todos e todas ben coñecemos.
Esiximos a anulación de todos os cargos que se lles imputan a estos compañeiros da CIG e esiximos que se depuren responsabilidades na fiscalía pola súa actitude que ben podriamos definir de "escandaliossa"

No hay comentarios:

Publicar un comentario