miércoles, 25 de abril de 2012

Concentracións en solidariedade con Palestina convocadas por Galiza por Palestina

Galiza por Palestina convoca mañán, 1º de xuño, ás 20'30 horas, en toda Galicia, concentracións de protesta contra o ataque asasino que os sionistas perpetraron contra os barcos que transportaban axuda humanitaria para Gaza. Abertas a todos aqueles que condenen a barbarie israelí e queran esixir medidas contundentes contra os asasinos, as concentracións realizaranse diante da casa do concello de cada vila, salvo naqueles ligares onde exista unha convocatoria unitaria previa. As convocatorias ata o momento son:
A Coruña: No Obelisco.

Santiago de Compostela: Praza ddo Toural.

Ferrol: Diante do edificio da Xunta de Galicia.

Pontevedra: Praza da Peregrina.

Vigo: No MARCO.

Por favor, acudide e difundideo. Atte.: Galiza por Palestina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario