miércoles, 25 de abril de 2012

Hotel Sada Marina

A pesares das ganancias e do éxito acadado polo efecto Xacobeo neste ano, a patronal hosteleira non ten pudor algún en aproveitar o momento, e os discursos tan positivos deste goberno, para seguir despedindo xente do sector e reducir ao máximo o persoal nas empresas que, teoricamente, teñen un balance económico moi positivo.
Poñamos de exemplo o Hotel Sada Marina, onde terminan de facer un E.R.E, para todo o persoal de catro meses e medio; no Hotel Rias Altas, onde van facer outro de un mes, e mesmo no Hotel Riazor, onde, a pesar das protestas dos seus traballadores e traballadoras, externalizaron o departamento de pisos.
Dende a C.O.G. vimos a denunciar esta situación, que si en este ano, a pesares do doado que ven sendo economicamente para as empresas do sector, veñen chorando e eliminando persoal, non queremos nin pensar o que tentaran facer nos vindeiros anos, onde xa andan dicindo que a crise vai a rematar cas ilusións e os dereitos que foron acadando despois de tantos anos de loita e esforzo de moitos compañeiros e compañeiras e aos que nós non estamos dispostos a renunciar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario